A Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza unha xornada de voluntariado en Pol

A Rede de Custodia Agraria da Reserva da Biosfera Terras do Miño celebrará o sábado 19 de setembro unha nova xornada de voluntariado con produtores e produtoras do territorio, que terá lugar na Veiga de Luaces, en Pol, entre as 10.00 e as 13.30 horas.
Durante a actividade, as persoas participantes poderán coñecer de preto o traballo desenvolvido na gandaría de ovellas da Veiga de Luaces e participar nunha acción de voluntariado ambiental centrada na restauración dunha charca asociada á biodiversidade agraria.
A xornada rematará cunha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que permitirá compartir experiencias e coñecer diferentes proxectos de produción sostible do territorio.
A actividade está organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a Reserva da Biosfera Terras do Miño e o programa MaB da Unesco. A inscrición realizarase a través dun formulario habilitado pola organización.