A rúa Armanyá estará cortada desde o luns na saída cara á praza de Santo Domingo por obras no pavimento

LugoXa
Os residentes accederán pola praza de Santo Domingo, que terá dobre sentido diante da Praza de Abastos
praza-Santo-Domingo-Lugo
20 Nov 2026

O Concello de Lugo cortará desde o vindeiro luns 23 de novembro a saída da rúa Armanyá cara á praza de Santo Domingo debido ás obras urxentes de reparación do pavimento no casco histórico. A intervención obrigará a modificar temporalmente a circulación nesta zona, especialmente para facilitar os desprazamentos dos residentes.

Durante os traballos, os vehículos dos residentes accederán pola propia praza de Santo Domingo, que contará con dobre sentido de circulación no tramo situado diante da Praza de Abastos.

Pola súa banda, as obras que se están executando na rúa Bolaño Rivadeneira continuarán sen provocar afeccións ao tráfico, segundo informou o Concello.

0.1693000793457