A Ruta dos Lobos da Fonsagrada contará con 350 participantes

LugoXa
A sétima edición da Ruta dos Lobos, que celebrará o vindeiro sábado 18 de setembro na Fonsagrada, contará coa participación de 350 persoas.
presentacion ruta dos lobos deputacion
14 Sep 2021

A sétima edición da Ruta dos Lobos, que celebrará o vindeiro sábado 18 de setembro na Fonsagrada, contará coa participación de 350 persoas. A proba retómase tralo parón obrigado pola pandemia cos alicientes das pasadas edicións, un percorrido esixente desde o punto de vista deportivo e atractivo como escaparate dos recursos naturais e culturais do concello.

A Ruta ofrece dous itinerarios, un largo de 55 quilómetros e 1800 metros de desnivel positivo, e un curto, de 35 quilómetros, que trascorren polas ribeiras dos ríos Navia e Lamas amosando algúns dos lugares máis representantivos da Fonsagrada como a seimeira de Vilagocende ou o mirador de Arexo, segundo explicou na presentación o responsable do evento.

A organización, na que colaboran a Asociación Deportiva Fonsagrada Balompé e o Concello, mantén unha das características da ruta, un avituallamento con produtos típicos da zona como o pastel da Fonsagrada ou as filloas con mel. Coa inscrición, ofrécese tamén a posibilidade de participar nunha cea colectiva e unha visita guiada para os acompañantes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21022200584412