A Sociedade Micolóxica Lucus organiza unha conferencia sobre o mundo dos fungos microscópicos

LugoXa
O investigador cubano Julio Mena Portales impartirá o relatorio o vindeiro luns 16 de novembro, dentro do ciclo "Micoloxía e Natureza" e da programación do 25 aniversario da asociación
Julio-de-Jesús-Mena-Portales
14 Nov 2026

A Sociedade Micolóxica Lucus celebrará o vindeiro luns 16 de novembro en Lugo unha conferencia a cargo do prestixioso micólogo cubano Julio de Jesús Mena Portales, baixo o título "Atisbando el fascinante mundo de los hongos microscópicos".

A actividade enmárcase no ciclo "Micoloxía e Natureza", organizado con motivo do 25 aniversario da asociación, e terá lugar ás 20:30 horas no Salón Parroquial San Froilán, situado na praza de Ferrol número 15.

Julio Mena Portales é un investigador cubano afincado en Lugo cunha ampla traxectoria internacional no ámbito da micoloxía. Doutor en Ciencias Biolóxicas, preside o Grupo para a Conservación dos Fungos en América Latina e o Caribe, é membro da Comisión de Supervivencia de Especies da UICN para o período 2026-2029 e tamén forma parte da Sociedade Micolóxica Lucus.

0.14860796928406