A Tineria acolle mañá unha festa fin de verán

LugoXa
A Tinería despedirá este sábado o verán cunha nova festa fin de verán que contará con sesión vermú, obradoiros e concursos
POST_FESTAFINDEVERAN portada
POST_FESTAFINDEVERAN portada
23 sep 2022

A Tinería despedirá este sábado o verán cunha nova festa fin de verán onde  haberá unha sesión vermú con dj, obradoiros para crianzas e espectáculos para todos os públicos, un concurso infantil de collages, un concurso de adultos de fotos de verán, un mercadiño outlet e como peche final, á noitiña, unha actuación musical.

O día dará comezo ás 11.00 con música ambiente e un phtocoall que durará todo o día ademais de un mercadiño outlet donde os negocios poderán amosar os seus productos e servizos. Ás 11.00 tamén dará comezo un pasarrúas con carriño musical que percorrerá as rúas do barrio difundindo as actividades do movemento LocaLmente Lucense.

Dende ás 12.00 ata ás 19.00 poderanse realizar as inscricións de forma presencial para o concurso de adultos Aquel verán do 22 e para o concurso infantil Collage do verán.As inscricións tamén se poderán facer  con anterioridade cubrindo o formulario do final desta páxina web. Os premios para os concursos serán vales para gastar nos establecementos adheridos o programa Localmente Lucense

De 12.00 a 14.00 terá lugar o obradoiro infantil Collage de Verán para que os mais pequenos poidan crear o seu propio collage, con fotos de verán e distintos materiais que complementen a peza coma xornais, papeis de cores, flores secas, plumas ou purpurina. A sesión vermú dara comezo ás 13.30 e estará a cargo do DJ Fetén con especial fincapé na música comercial máis escoitada neste verán.

Ás 17.00  a Pandilluky realizará o espectáculo de animación Canta Baila Xogos a cargo de Pandilluky para todo o público. e as 19.00 estará NONO espectáculo de clown, mimo, malabares e manipulación de marionetas a cargo de Arturo Cobas.

21.00 h. A entrega de premios será ás 21.00 e par finalizar a festa ás 22.00 comenzará a actuación musical de Carta de Ajuste en clave de verbena.

POST_FESTAFINDEVERAN
0.18710088729858