A Tradescola organiza “Sons de maio” con audicións do alumnado e profesorado na Praza da Soidade

LugoXa
O programa comezará o luns 11 de maio, ás 18.00 horas, coas aulas de gaita e percusión tradicional
Sons-de-maio-da-Tradescola
Actualizada el 11 mayo 2026, 09:42 horas
10 May 2026

A Tradescola, iniciativa da Asociación de Gaiteiros Galegos, celebrará esta semana unha nova edición de “Sons de maio”, un ciclo de audicións abertas ao público protagonizadas polo alumnado e profesorado do centro. As actuacións terán lugar na Praza da Soidade e contarán coa participación das diferentes aulas da escola de música tradicional.

O programa comezará o martes 12 de maio ás 19:00 horas coas aulas de canto e pandeireta, pandeira e baile tradicionais. As actividades continuarán o mércores 13 de maio ás 19:30 horas coas aulas de gaita, acordeóns e percusión tradicional. O xoves 14 de maio, tamén ás 19:30 horas, celebraranse as actuacións das aulas de zanfona e de canto e pandeireta. Por último, tras un cambio de día, o luns 18 de maio ás 18:00 horas pecharase o programa coas aulas de gaita e percusión tradicional.

Desde a Tradescola destacan que estas audicións permiten ao alumnado compartir co público o traballo realizado ao longo do curso, ao tempo que contribúen á difusión e posta en valor da música tradicional galega.

0.11935615539551