A vilalbesa Cecilia F. Santomé presenta en Lugo a súa primeira novela

TerraChaXa | LugoXa
Este mércores, 15 de maio, ás 20:00 horas, presentarase na libraría Lectocosmos (praza Anxo Fernández Gómez, 3) a novela Quérote.
Captura de pantalla 2019 05 14 a las 15.15.59
14 May 2019

Este mércores, 15 de maio, ás 20:00 horas, presentarase na libraría Lectocosmos (praza Anxo Fernández Gómez, 3) a novela Quérote. Eu tampouco, debut literario de Cecilia F. Santomé. A escritora vilalbesa, colaboradora deste xornal, estará acompañada por Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia, e pola lingüista e correctora Raquel Vila-Amado.

Licenciada en Filoloxía Francesa e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela, axiña atopou no terreo do marketing dixital unha vía para transformar a súa paixón polas linguas e a comunicación nun modo de vida. Como tradutora, localizadora e redactora, traballou en distintos sectores, especializándose na planificación e execución de estratexias de contidos para a Internet. Despois de vivir durante uns anos en París, Liverpool e Londres, en 2015 regresou a Galicia cun proxecto debaixo do brazo: fundar xunto con Cristina Fernández Coolt, unha revista de tendencias 100% dixital e en galego. Hoxe extinta, colabora esporadicamente con outras publicacións.

En 2017, recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal polo seu relato 34, Rue Saint Jacques. Quérote. Eu tampouco é a súa primeira novela, unha historia engaiolante cun inconfundible pouso cosmopolita.

Tomando prestado o título da mítica canción de Serge Gainsbourg e Jane Birkin Je t’aime... moi non plus, esta novela navega do pasado ao presente de Grace e Frank, dous náufragos á procura dunha táboa de salvación que os redima das súas propias pantasmas. Malia o esforzo titánico que fan por remar a favor da felicidade, as fendas na superficie desta farán agromar escuros segredos, amargas traizóns e tristes lembranzas. Cun estilo áxil e unha prosa lixeira, Quérote. Eu tampouco condúcenos pola vertixe dun romance particular con ecos universais. As voces narrativas multiplícanse e mestúranse, dándolle á trama un acento coral e calidoscópico.

cecilia fernandez santome

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19519996643066