A XI Foliada Magosto de Xílgaros reunirá oito formacións tradicionais no Pazo de Feiras de Lugo

LugoXa
A cita, organizada pola A.C. Os Xílgaros de Lugo, celebrarase o sábado 14 de novembro a partir das 19:00 horas con música tradicional, foliada aberta e sorteo de premios
foto-os-xilgaros-de-lugo-bosque
12 Oct 2026

A Asociación Cultural Os Xílgaros de Lugo celebrará o sábado 14 de novembro a XI Foliada Magosto, unha cita dedicada á música e á tradición galega que terá lugar a partir das 19:00 horas na cafetería restaurante A Taberna do Pazo, situada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A xornada contará coa participación de oito formacións tradicionais: A.C. Río Miño de Portomarín, Os Tarabelos do Saviñao, Nubeiro/Son Galego de Lugo, Son de Cores de Becerreá, Os do 21 do Vicedo, Os Xílgaros de Lugo, A.C. Deiquí de Navia de Suarna e O Trespés de Chantada.

A programación combinará as actuacións musicais coa celebración dunha foliada aberta, polo que as persoas asistentes tamén poderán participar activamente na festa e compartir música tradicional.

A actividade incluirá ademais un sorteo de premios e conta coa colaboración de diferentes entidades e empresas. A organización anima a veciñanza e aos afeccionados á música tradicional a participar nesta nova edición da Foliada Magosto.

0.15557312965393