A Xove Orquestra de Lugo pecha o Curso de Especialización Orquestral 2026 con dous concertos

LugoXa
O programa inclúe unha conversa-concerto con Nikita Burzanitsa e un ensemble de metais o 28 de agosto e o concerto de clausura, con obras de Rimsky-Korsakov e Grieg, o día 29
Xove-Orquestra-Lugo
26 Aug 2026

A Xove Orquestra de Lugo celebrará esta semana os actos de peche do 3º Curso de Especialización Orquestral 2026 cun programa composto por dúas propostas musicais.

A primeira terá lugar o venres 28 de agosto no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, mentres que o concerto de clausura será o sábado 29 no Auditorio Fuxan os Ventos.

O venres 28 de agosto, ás 20.30 horas, terá lugar a "Conversa/Concerto con Nikita Burzanitsa e concerto ensemble de metais", no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Ao día seguinte, sábado 29 de agosto, ás 20.00 horas, celebrarase o concerto de peche do curso no Auditorio Fuxan os Ventos. O programa incluirá obras dos compositores Rimsky-Korsakov e Grieg, con Borja Quintas Melero como solista.

A entrada será libre e, ao remate da actuación, os asistentes poderán compartir un aperitivo con pinchos.

0.14683485031128