A Xunta confirma que acometerá obras de mellora no polideportivo do CEIP de Palas de Rei

LugoXa
A actuación, cun investimento de 47.000 euros, iniciarase este mes de xullo e estará rematada antes do comezo do próximo curso escolar
reunión-alcalde-Palas-con-conselleiro-Educación-Xunta
1 Jul 2026

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, mantivo un encontro co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, co obxectivo de abordar diferentes actuacións de mellora previstas nos centros educativos do municipio.

Durante a reunión, o responsable autonómico confirmou o inicio das obras de acondicionamento e mellora do polideportivo do CEIP de Palas de Rei, unha actuación que contará cun investimento de 47.000 euros.

Segundo se trasladou durante o encontro, os traballos comezarán ao longo deste mes de xullo e a previsión é que estean rematados antes do inicio do próximo curso escolar, permitindo así que as instalacións estean dispoñibles para a súa utilización no comezo da actividade lectiva.

As actuacións previstas inclúen a reforma do peche perimetral do pavillón existente, unha intervención coa que se busca mellorar as condicións do espazo e ampliar as posibilidades de uso das instalacións deportivas.

O rexedor de Palas de Rei trasladou o seu agradecemento á Xunta de Galicia pola súa implicación neste proxecto e destacou a sensibilidade mostrada coa proposta presentada polo Concello. Segundo sinalou, esta actuación permitirá que os veciños e veciñas do municipio dispoñan dun novo espazo destinado á práctica deportiva e á mellora dos servizos existentes.

0.12234902381897