Abertas as inscricións para a programación de Nadal do Vello Cárcere

LugoXa
Abertas as inscricións para as actividades gatuítas da programación de Nadal do Vello Cárcere destinadas aos máis pequenos
Actividades Vello Cárcere Nadal portada
Actividades Vello Cárcere Nadal portada
6 Dec 2022

O Vello Cárcere acolle varias actividades gratuítas para os máis pequenos durante este Nadal.

O espazo de lecer destinado a nenos e nenas de 3 a 8 anos estará dispoñible os días 10 e 17 de decembro en dúas quendas con contacontos miúdos. O primeiro Barbar e Papá Noel e o segundo O Castiñeiro do Apalpador.

Os días 11 e 18 de decembro tamén haberá unha quenda de mañá con Cousiñas xeitosas de Nadal.

A biblioteca acollerá actividades destinadas a rapaces entre 3 e 12 anos durante varios días. O 21 de decembro ás 17.30 terá lugar unha actividade para realizar postais de Nadal a toda cor.

O 28 de decembro ás 17.30 a biblioteca acollerá a actividade de Monifantes inocentes a toda cor mentres que o 4 de xaneiro os máis pequenos poderán realizar Brinquedos tradicionais tamén ás 17.30.

A reserva de praza realizarase a través do correo electrónico vellocarcere@lugo.gal e para máis información está dispoñible o teléfono 982 297 195

Actividades Vello Cárcere Nadal
0.19365215301514