Abre no MIHL unha mostra de Xoán Vila

LugoXa
A mostra comisariada por Iago Eireos conta con 14 pezas expresionistas en madeira de castiñeiro creadas especialmente para a exposición
mostra-Xoán-Vila
4 Oct 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron no MIHL á inauguración de ‘Un día calquera’, a nova exposición do artista lucense Xoán Vila. A mostra Xoán Vila. A mostra comisariada por Iago Eireos conta con 14 pezas expresionistas en madeira de castiñeiro creadas especialmente para a exposición. Nela, o artista lucense representa todos os momentos que acontecen ao longo dunha xornada, dende a mañá até a noite, e evoca a sinxeleza dos xestos diarios que normalmente pasan desapercibidos.

Maite Ferreiro quixo destacar o traballo de Xoán Vila, quen “a través dun enfoque íntimo e minimalista celebra as pequenas cousas do día a día, cunha arte que nos convida a deternos e apreciar os momentos máis simples pero tamén máis significativos da nosa vida cotiá”. A mostra estará dispoñible no MIHL dende o 3 de outubro ata o 11 de xaneiro do 2025.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18102192878723