ADIF demolerá esta madrugada la pasarela peonil que comunica a Praza de España co Campo da Feira de Rábade

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) comunicoulle ao Concello de Rábade que esta mesma madrugada procederá á demolición da pasarela peonil que actualmente comunica a Praza de España co Campo da Feira, polo que o paso quedará cortado.
Segundo informa o Goberno local, o Concello non foi informado das actuacións relacionadas coa nova pasarela, toda vez que a infraestrutura aínda non foi entregada polos responsables da súa construción ao municipio.
Por este motivo, o Concello de Rábade sinala que non será quen poña en servizo a nova infraestrutura e asegura que xa advertiu a ADIF da importancia de que a apertura da nova pasarela se realice garantindo a total seguridade das persoas usuarias.
Ao mesmo tempo, o Concello lembra aos veciños e veciñas a prohibición de cruzar as vías do tren, salvo polos espazos habilitados para o paso.