Adif recepciona as obras da nova estación de tren e reabre ao tráfico a Rúa Alta e a praza do Conde Fontao

LugoXa
A infraestrutura ferroviaria, cun investimento próximo aos 31 millóns de euros, entra na recta final antes da súa posta en servizo
intermodal-lugo-adif
9 Sep 2026

A nova Estación de Ferrocarril de Lugo encara xa a fase final antes da súa posta en servizo despois de que Adif recepcionase as obras, un proxecto que supuxo un investimento próximo aos 31 millóns de euros.

A recepción dos traballos marca un novo avance na execución da infraestrutura ferroviaria, mentres a contorna da estación recupera tamén parte da súa normalidade. Desde este xoves reabriuse ao tráfico a Rúa Alta e a praza do Conde Fontao, permitindo restablecer a circulación nestes puntos.

Os socialistas lucenses destacaron a importancia da actuación e reivindicaron que o investimento foi posible grazas á xestión do Goberno de España. Neste sentido, aseguraron que a recepción das obras representa "un investimento histórico" e unha mostra do compromiso do Executivo central coa cidade de Lugo.

Desde o PSOE sinalaron que a infraestrutura ferroviaria entra así na súa "recta final" e reivindicaron que as actuacións executadas supoñen o cumprimento dos compromisos adquiridos coa cidade. "Cumprimos con Lugo!", aseguraron.

Os socialistas tamén puxeron o foco na reapertura das vías da contorna da estación, ao considerar que permitirá mellorar desde este momento a mobilidade e o día a día da veciñanza. A formación contrapuxo estas actuacións ás promesas políticas e afirmou que "onde outros facían promesas, os socialistas traemos realidades".

0.14670896530151