Afundación levará a mostra 'Simultánea' ás súas sete sedes galegas

LugoXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago acollerán a partir do 9 de outubro esta mostra que reúne máis de 350 obras
Presentación de 'Simultánea'
10 Sep 2024

As sete sedes de Afundación nas sete cidades galegas acollerán a mostra ‘Simultánea’ a partir do 9 de outubro e ata o 25 de xaneiro. Un proxecto expositivo da Colección de Arte Afundación que achegará ao público un total de 350 obras de máis de 200 artistas galegos, ou vencellados a Galica, dos últimos 200 anos.

“Ao idear este proxecto quixemos celebrar con toda Galicia a riqueza dun patrimonio que lle pertence”, destaca Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación.

‘Simultánea’ ofrece unha mirada multidisciplinar á Colección de Arte de Afundación, que reúne fotografía, pintura, escultura e videoarte. A mostra aborda a pluralidade das artes plásticas onde o romanticismo, o impresionismo, o rexionalismo, a irrupción das vangardas ou as novas linguaxes de arte contemporánea, entre outras moitas propostas.

Con motivo do décimo aniversario de Afundación, a exposición chegará a cada unha das cidades galegas abordando distintas temáticas: A Coruña (modo retrato), Ferrol (o obxecto contemporáneo e doméstico), Ourense (espazo aberto e natureza), Pontevedra (abstraccións e mensaxes cifradas), Santiago (arquitecturas narrativas) e Vigo (voar con imaxinación).

0.16707420349121