Airiños do Neira e o Concello de Baralla preparan un magosto popular

LugoXa
Os asistentes poderán degustar castañas asadas, liscos, empanada e lacón asado
castañas
24 Out 2024

O vindeiro 9 de novembro de 2024, o Concello de Baralla celebrará o seu tradicional Magosto no pavillón municipal a partir das 20.30 horas. A festa, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Airiños do Neira, ofrecerá unha noite chea de música, baile e delicias gastronómicas típicas desta época do ano.

Os asistentes poderán degustar castañas asadas, liscos, empanada, lacón asado e acompañar todo isto con viño, refrescos e a tradicional queimada. A animación estará a cargo do grupo Airiños do Neira, que amenizará a noite con música e baile. O evento promete ser unha excelente oportunidade para gozar en compañía da comunidade e celebrar as tradicións propias do outono galego.

0.14566612243652