Alba Díaz inaugura en Lugo a exposición 'A lingua do futuro / O futuro da lingua'

A artista Alba Díaz inaugurará este mércores 15 de abril ás 18.00 horas a exposición 'A lingua do futuro / O futuro da lingua' na Praza de San Marcos, un proxecto fotográfico arredor da lingua galega no que vén traballando ao longo do último ano.
O acto contará coa presenza da deputada de Cultura, Iria Castro, da poeta Antía Otero e da cantante Laura LaMontagne, nunha inauguración que reúne distintas voces do ámbito artístico e cultural galego.
A autora destacou o apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, así como o traballo da Rede Museística Provincial de Lugo e de Encarna Lago, fundamentais para a realización do proxecto. O deseño da exposición corre a cargo de Luis Montero.