Aldara Meilán inaugura as escolas deportivas da Escola Atlética Lucense

LugoXa
A atleta lucense estará este mércores, 9 de setembro, cos máis pequenos na pista da Cidade Cultural, onde poderán coñecela, facerlle preguntas e fotografarse con ela
Aldara-Meilán-Lugo
9 Sep 2026

A atleta lucense Aldara Meilán será a encargada de inaugurar as escolas deportivas da Escola Atlética Lucense este mércores, 9 de setembro. A deportista estará na pista da Cidade Cultural entre as 17.00 e as 18.00 horas para compartir a tarde cos máis pequenos e achegarlles a súa experiencia no mundo do atletismo.

Durante este encontro, os nenos e nenas participantes terán a oportunidade de conversar coa deportista, facerlle preguntas relacionadas co deporte e coñecer de primeira man a súa traxectoria. Ademais, poderán facerse fotografías con ela.

Aldara Meilán García, nacida en Lugo en 2006, compite en atletismo e especializouse na marcha atlética. A súa progresión levouna a conseguir importantes resultados a nivel internacional nas categorías inferiores e, posteriormente, na categoría absoluta.

En 2025 conseguiu a medalla de bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de Europa Sub-20. Xa en 2026, no seu debut internacional na categoría absoluta, volveu subir ao podio no Campionato do Mundo de Marcha Atlética por Equipos, celebrado en abril, ao lograr o bronce individual na media maratón e a prata por equipos.

Ese mesmo ano tamén participou no Campionato de Europa, no que rematou na novena posición na proba de media maratón.

A presenza de Aldara Meilán servirá así para dar o pistoletazo de saída ás escolas deportivas da Escola Atlética Lucense e achegar aos máis novos unha deportista da cidade que está a destacar no panorama nacional e internacional da marcha atlética.

0.11968994140625