Arumes do Corgo convoca o XIV edición do certame literario Terras de Chamoso
Por décimo quinto ano a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, convoca o XV edición do certame literario Terras de Chamoso, no que quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país.
Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.
As poesías e relatos do certam teñen que estar escrito en lingua galega, e consta de varias categorías, infantil, dos 10 aos 14 anos; xuvenil, dos 14 aos 18 anos; e adulto, maiores de 18.
Haberá dúas modalidades, poesía que consta de 30 a 60 versos, e relato curto de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo.
Os premios consisten nunha figura de cerámica do país, un lote de libros e un instrumento musical galego.
Cada participante poderá presentar varios traballos, non premiados noutros certames literarios, e deberán entregalos mecanografados indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal a: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com.
O prazo de entrega rematará o día 26 de novembro de 2021 e o acto de entrega dos premios será o 18 de decembro. Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.