As festas de San Vitorio en Baralla celebraranse do 22 ao 29 de agosto cun amplo programa musical

LugoXa
A romaría campestre, as actuacións de orquestras e grupos de referencia e as actividades tradicionais centrarán a programación festiva
orquesta_los_satelites
4 Aug 2026

Baralla xa quenta motores para as festas de San Vitorio 2026, que se desenvolverán entre os días 22 e 29 de agosto cun programa no que a música, as tradicións e as actividades populares volverán ser as protagonistas.

A programación arrancará o sábado 22 de agosto coa tradicional romaría campestre nas beiras do río Neira, na área recreativa de Baralla. A xornada contará coas actuacións da charanga Leña Verde, o Dúo Caché, a Disco Móbil DBC e o Dúo Marineda.

As celebracións continuarán o mércores 26 de agosto cun campionato de tute na praza e unha tarde-noite amenizada polos Airiños do Neira, unha sesión de toxo queimado, a actuación do DJ Cutelo e a verbena coa orquestra Charleston.

O xoves 27 de agosto terá lugar a misa solemne e a procesión na honra de San Vitorio. A programación completarase cun concerto dos Airiños do Neira, sesión vermú co Dúo Eclipse, o espectáculo do showman Roberto e Lolo, pasacalles coa charanga Louband e unha gran verbena protagonizada por Dani Pardo, Los Satélites e La Fórmula.

O venres 28 de agosto repetirase a celebración relixiosa con misa e procesión, seguida dun concerto dos Airiños do Neira. Pola tarde actuarán Pakolas e a súa banda e a charanga Mekánica Rolling Band, mentres que a verbena correrá a cargo de Punto Clave e Gran Parada.

As festas rematarán o sábado 29 de agosto cunha nova verbena na que actuarán Jaque e o grupo Lágrimas Desordenadas, coñecido polo seu tributo a Melendi.

0.111820936203