As Improdutivas regresan ao Club Clavicémbalo o 15 de outubro cunha nova noite de improvisación

LugoXa
O espectáculo incluirá batallas de "farmear aura", confesións musicais, xogos e contos adaptados ao público, ademais da participación dunha artista convidada sorpresa
Improdutivas-Clavi-Lugo
30 Sep 2026

As Improdutivas volverán subir ao escenario do Club Clavicémbalo de Lugo o xoves 15 de outubro cunha nova cita de improvisación teatral. A sesión combinará diferentes xogos e dinámicas coas que o público poderá participar ao longo da noite.

Entre as propostas anunciadas figuran batallas de farmear, deberes que quedaron sen facer, confesións musicais, contos adaptados ao público do Clavi e a recuperación dalgúns dos xogos habituais das Improdutivas. Ademais, a velada contará coa presenza dunha artista convidada sorpresa.

Nesta ocasión, o espectáculo contará con Stephanie Cubides, mentres que Esther non poderá participar nesta cita ao atoparse lonxe de Lugo durante este curso. Pola súa banda, Mariña está previsto que se reincorpore á sesión do 15 de outubro.

A organización anima o público a reservar a data e achegarse ao Club Clavicémbalo para desfrutar dunha nova noite de improvisación das Improdutivas.

0.14803004264832