As obras de reparación do pavimento da rúa Nova quedan interrompidas temporalmente

LugoXa
Os traballos retomaranse dentro dunhas semanas, unha vez que rematen as obras de rehabilitación de inmobles na rúa San Froilán, que requiren o paso de camións de alto tonelaxe
Rúa-Nova-Lugo
13 Nov 2026

O Concello de Lugo informou de que os traballos de mantemento e reparación do pavimento da rúa Nova quedarán temporalmente interrompidos para evitar posibles danos na superficie que se está acondicionando. A decisión está motivada polas obras de rehabilitación que se están a executar en varios inmobles da rúa San Froilán e que requiren o tránsito dun elevado número de camións de alto tonelaxe para retirar materiais.

Segundo se informou, o peso destes vehículos podería deteriorar o pavimento da rúa Nova, polo que se decidiu aprazar a intervención ata que rematen esas operacións. A previsión é retomar os traballos dentro dunhas semanas, co obxectivo de garantir a conservación e durabilidade das reparacións realizadas.

A veciñanza foi informada desta interrupción temporal e solicitouse a súa comprensión ante unha medida que busca evitar novos danos e asegurar que o acondicionamento da vía se manteña en boas condicións.

0.15355801582336