As Pistas Gregorio Pérez Rivera inician a súa remodelación integral o 17 de setembro

As obras de remodelación integral das Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera comezarán o vindeiro luns 17 de setembro e está previsto que rematen a principios de outubro, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan manter o calendario previsto.
Durante a execución dos traballos, o Módulo Cuberto de Atletismo permanecerá operativo. O Concello habilitará un paso especial e seguro para que os atletas poidan acceder a estas instalacións, separando o seu tránsito do paso de vehículos e maquinaria de obra.
Ademais, os deportistas poderán utilizar as Pistas da Cidade Cultural, cuxo uso foi acordado entre o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia. Durante o mes de agosto, estas instalacións estarán abertas de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
O Concello prevé establecer nos vindeiros días unhas normas de uso e convivencia para facilitar o acceso ás Pistas da Cidade Cultural e favorecer o desenvolvemento dos adestramentos durante o período de obras.