As reses da Deputación de Lugo destacan en Pedrafita cunha media de 3.460 euros

LugoXa | TerraChaXa
A Deputación de Lugo presentou cinco exemplares nun evento que reforza o papel da granxa como referente na recría e investigación gandeira
Poxa-Pedrafita-do-Cebreiro-2026
21 Apr 2026

O recinto feiral de Pedrafita do Cebreiro acolleu unha poxa organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), na que a Deputación de Lugo presentou cinco animais procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. As reses, pertencentes á raza autóctona Rubia Galega, acadaron un prezo medio de 3.460 euros.

A participación das instalacións provinciais nesta cita pon de manifesto o papel destacado da Granxa Gayoso Castro como referente da actividade agrogandeira na provincia. Este complexo desenvolve un labor clave tanto na formación como na investigación, impulsado pola Deputación de Lugo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Situada no municipio de Castro de Rei, a granxa provincial leva a cabo un importante traballo de apoio á recría da raza Rubia Galega, en coordinación con Acruga. Ademais, estas instalacións acollen o primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite, consolidándose como un espazo de referencia para o desenvolvemento do sector.

0.1247889995575