As terras do Cebreiro recuperan a súa memoria oral nun novo volume editado pola Deputación de Lugo

LugoXa
A publicación reúne cantigas, lendas, adiviñas, refráns e romances recollidos na comarca, incorporando tamén materiais elaborados por alumnado do colexio Uxío Novoneyra nos anos 1993 e 1994
presentacion-Literatura-de-tradición-oral-nas-terras-do-Cebreiro-Lugo
18 Jun 2026

A presentación do libro Literatura de tradición oral nas terras do Cebreiro celebrouse no Pazo de San Marcos. A obra, editada polo Servizo de Publicacións da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle unha ampla mostra do patrimonio oral conservado nas Terras do Cebreiro.

O volume está asinado por Laura Balboa Aira, Gaspar M. Méndez Fuentes e María Isabel Fernández Merayo e reúne distintas manifestacións da tradición popular, entre elas cantigas, lendas, adiviñas, refráns e romances propios desta zona.

Parte do contido procede dun traballo de recompilación desenvolvido polo alumnado de sétimo e oitavo de EXB do colexio Uxío Novoneyra durante os cursos 1993 e 1994. Ese material aparece reproducido na publicación mediante edición facsímile, conservando os apuntamentos orixinais e os debuxos realizados naquel momento.

O libro supera as 300 páxinas e complétase con textos achegados por Gaspar M. Méndez Fuentes, así como con contribucións adicionais de Inés López Fernández e da profesora Laura Balboa Aira, baixo a coordinación da tamén docente María Isabel Fernández.

A publicación intégrase na colección Procura do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, coordinada por Xosé Brais García Fernández.

0.093919992446899