Así é o programa completo da 34 edición do Festival de Jazz de Lugo

LugoXa
Un ano máis, a asociación de Amigos do Jazz Escobijazz organiza o evento, que reunirá na cidade a grandes figuras do jazz
XXXIV-edición-do-Festival-de-Jazz-de-Lugo
23 Out 2024

O Festival de Jazz de Lugo celebra a súa 34ª edición dunha cita xa consolidada, que terá lugar do 1 ao 17 de noviembre cunha serie de concertos. Un ano máis, a asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, encargada de organizar o evento, reunirá na cidade a grandes figuras do jazz a nivel internacional e estatal e a recoñecidas formacións e músicos galegos do xénero.

De novo o programa inclúe 24 actuacións de grandes artistas que pasaran por algún dos tres espazos onde se desenvolve a nova convocatoria: Círculo das Artes, club Clavicémbalo e Casa do Saber. Entre os intérpretes e fomacións que pisarán o escenario lucense encóntranse Lakecia Benjamin Quartet de EEUU. Tana Santana Quinteto dende Canarias,  os galegos Savoy Club Big Band, o valenciano Pepe Zaragoza, Ju Young y Martín Otero, a galega Inés Carreño ou os cataláns Èlia Bastida Trío.  Deste xeito acollerán tanto estrelas e grandes figuras internacionais como novos valores do mundo do Jazz e, por suposto, representantes do mellor jazz estatal e galego.

A lenda do jazz Bill Evans, a saxofonista nominada a tres Grammys Lakecia Benjamin, a multipremiada directora e compositora María Schneider, o tamén saxofonista Vincent Herring, o virtuoso trompetista Jeremy Pelt ou o icónico cantante Kenny Washington, son outros dos representantes internacionais máis destacados, sen menoscabo de grandes propostas do jazz nacional como a de Tana Santana Quinteto ou a volta a cidade do recoñecidísimo cantaor e músico lucense Kiki Cortiñas, entre outras.

Trátase dun festival que segue a cultivar o gusto polo jazz entre o público lucense e que axuda a consolidar a imaxe da localidade como un escenario idóneo para acoller eventos culturais de todos os ámbitos. Rubén Arroxo destacou o Festival de Jazz de Lugo como "unha actividade totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo, que este ano chega á súa 34 edición e que fará que a nosa cidade acolla a unha importante selección de músicas e músicos de jazz referentes no panorama galego, estatal e internacional". Citaranse así músicos procedentes dos Estados Unidos, Lugo, As Canarias, México, Líbano, Italia ou Corea. Arroxo animou a toda a veciñanza "a desfrutar do mellor jazz nunha que volve un ano máis para continuar a ampliar a programación de calidade que organizamos desde a área de Cultura do Concello de Lugo".

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO 2024

festival jazz lugo 2024
0.21024990081787