Aspace Lugo celebra o seu 30 aniversario e o Día Mundial da Parálise Cerebral

LugoXa
Haberá así unha lectura do manifesto baixo o paraugas da campaña galega que xira en torno ao envellecemento
aspace-lugo
1 Out 2024

Con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, Aspace Lugo leva a cabo un acto na cidade este xoves 3 de outubro, que tivo como antesala os actos celebrados nas outras provincias galegas o mércores. “Nós aproveitamos o noso 30 aniversario para facelo nesta xornada”, explican dende a entidade.

Haberá así unha lectura do manifesto baixo o paraugas da campaña galega que xira en torno ao envellecemento. Ademais, levarase a cabo a ponencia Ejercicio de Derechos de Lola Santana, abogada de la Federación e a proxección do vídeo oficial da campaña #EnvellecerDecidirVivir polo Día Mundial da Parálise Cerebral. Na mesma xornada, terá lugar unha homenaxe ás expresidentas de Aspace Lugo durante estes 30 anos e ás autoridades representantes das autoridades colaboradoras.

Será no hotel Torre de Nuñez a partir das 11.00 horas. Este ano a campaña ponse en marcha baixo o lema #EnvellecerDecidirVivir. “É moi importante porque antes as persoas con parálise cerebral falecían. Pero a medida que a ciencia, a medicina, o coidado e o servizo foron evolucionando sobrevivimos e podemos chegar a unha idade avanzada”, conta Fernanda Arrojo, actual presidenta da entidade lucense. .

0.19009804725647