ASPACE Lugo celebrará o 18 de setembro unha xornada de deporte inclusivo no parque de Frigsa

LugoXa
A actividade desenvolverase de 09.30 a 14.00 horas e reunirá centros educativos e entidades sociais nunha mañá dedicada ao deporte en igualdade
parque-de-Frigsa-Lugo-portada
4 Sep 2026

O parque de Frigsa acollerá o 18 de setembro a Xornada de Deporte Inclusivo de ASPACE Lugo, unha iniciativa que reunirá centros educativos e entidades sociais para compartir, aprender e gozar do deporte nun ambiente de igualdade e inclusión.

A actividade desenvolverase entre as 09.30 e as 14.00 horas e contará con diferentes estacións deportivas, nas que os participantes poderán achegarse a distintas disciplinas e compartir experiencias.

Para o desenvolvemento da xornada, ASPACE Lugo busca persoas voluntarias que colaboren na recepción e organización dos participantes, no acompañamento dos grupos polas diferentes estacións deportivas e no apoio aos clubs e responsables das actividades.

As persoas voluntarias tamén contribuirán a crear un ambiente participativo, agradable e inclusivo ao longo da mañá.

A xornada incluirá ademais un pequeno descanso a media mañá, durante o que se ofrecerá avituallamento tanto ás persoas voluntarias como aos equipos participantes.

0.1220338344574