Auxilia Lugo celebra unha tarde de música tradicional galega coa colaboración do músico Bruno Villamor

Auxilia Lugo celebrou esta semana unha tarde dedicada á música tradicional galega, grazas á colaboración do músico Bruno Villamor, que interpretou pezas con instrumentos como a zanfona, a frauta e a pandeireta ante os asistentes.
Dende a xunta directiva da entidade, encabezada por Nuria Neira, así como os usuarios que participaron na xornada, amosaron o seu agradecemento a Villamor por ofrecerlles unha tarde amena e distinta.
O encontro contou ademais coa colaboración da panadaría Montirón do Ceao, que aportou un biscoito para acompañar a merenda. A preparación e o servizo do café correron a cargo de Marta, mentres que Marisa, Ana e Pilar encargáronse de organizar todo o necesario para que os asistentes puidesen desfrutar da sobremesa e do café con normalidade.
A entidade tamén quixo agradecer a atención prestada por Raquel, psicóloga de Auxilia Lugo, que estivo presente durante a actividade.