Avanzan as obras de mellora no patio da Escola Infantil Municipal Serra de Outes

LugoXa
A actuación inclúe a renovación do pavimento e forma parte dun proxecto máis amplo cun investimento superior aos 111.000 euros
melloras--Escola-Infantil-Municipal-Serra-de-Outes-Lugo
5 May 2026

As obras de acondicionamento do patio de xogos da Escola Infantil Municipal Serra de Outes continúan a bo ritmo e encaran xa a súa recta final, coa previsión de que poidan quedar rematadas nas vindeiras semanas.

Esta intervención céntrase principalmente na renovación do pavimento exterior, co obxectivo de dotar este espazo dunha superficie máis segura e axeitada para o xogo das nenas e nenos, mellorando así as condicións de uso diario.

A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de melloras nas instalacións do centro educativo, que conta cun orzamento total de 111.041,14 euros. Dentro deste plan, está previsto que nunha fase posterior se leve a cabo tamén a renovación dos baños, co fin de adaptalos á normativa vixente, ademais doutras pequenas intervencións complementarias.

Durante unha visita ás instalacións, a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, puxo en valor a relevancia destas actuacións, subliñando que están orientadas a optimizar os espazos exteriores destinados á infancia e a garantir condicións máis seguras, accesibles e adaptadas ás necesidades educativas e lúdicas do alumnado.

0.12541604042053