Becerreá celebrará o San Xoán 2026 cunha sardiñada popular, fogueira e verbena

LugoXa
A programación dos días 23 e 24 de xuño inclúe música en directo, pregón, actos relixiosos, deporte e actuacións das orquestras Grupo Beatriz e Cinema
Orquesta-Cinema
5 Jun 2026

O Concello de Becerreá xa ten preparada a programación do San Xoán 2026, unha celebración que encherá de ambiente festivo a vila os días 23 e 24 de xuño cun amplo programa de actividades para todos os públicos.

A festa arrancará o martes 23 de xuño ás 20:30 horas cunha sardiñada popular na Praza do Concello. Media hora máis tarde terá lugar o tradicional chupinazo, dando paso ao pregón oficial, previsto para as 21:15 horas, que estará a cargo de David Vilares.

A música será unha das protagonistas da xornada coa actuación de Benjamín, artista tributo a Julio Iglesias, prevista para as 22:00 horas. Xa preto da medianoite, ás 23:45 horas, producirase un dos momentos máis agardados da celebración: o acendido da fogueira de San Xoán. A partir das 00:00 horas, a verbena estará amenizada polo Grupo Beatriz e DJ Casanova.

A programación continuará o mércores 24 de xuño cunha misa solemne ás 13:00 horas, acompañada polo Coro “O Cristo dos Ancares”, seguida dunha procesión coa participación da asociación cultural Zoela.

Xa pola tarde, ás 18:00 horas, disputarase o I Torneo San Juan, que enfrontará ao SD Becerreá e ao Becerreá Veteranos. A festa pecharase pola noite cunha gran verbena ás 21:00 horas, amenizada pola Orquestra Cinema.

0.11917805671692