Becerreá volve ao pasado para recrear a Batalla da Ponte de Cruzul

LugoXa
O Concello de Becerreá recrea esta fin de semana a Batalla da Ponte de Cruzul un episodio da Guerra da Independencia ocorrido na localidade.
Batalla da Ponte de Cruzul
11 May 2022

Un paseo atrás no tempo para revivir un dos episodios da Guerra da Independencia, 210 anos despois. Iso é a Batalla da Ponte de Cruzul. Unha festa de recreación histórica que o Concello de Becerreá retoma esta fin de semana.

Así, dende o venres 13 e ata o domingo 15 os exércitos británicos e franceses así como o movemento guerrilleiro de Becerreá encherán as rúas da localidade, conformando un campamento na Carballeira.

A recreación comezará o venres ás 20 horas cunha conferencia a cargo de Javier Gómez Vila, doutor en Historia. Baixo o título Onde está o ouro de Moore?: A retirada do exército inglés para Becerreá en xaneiro de 1809, Gómez Vila enmarcará a festa no seu contexto histórico.

O sábado será o turno da batalla. Ás 18 horas o exército británico de sir J. Moore diante do exército francés.

Por último, o domingo ás 11 da mañá se realizará a recreación dunha emboscada a unha columna formada por parte das alarmas da zona. Terá lugar no descampado a carón do campamento.

0.1695442199707