Benade acollerá este sábado unha nova sesión do cine de verán coa proxección de 'Antes de nós'

LugoXa
O Concello de Lugo levará ao rural a película sobre a vida de Castelao, protagonizada polo actor lucense Xoán Fórneas, nunha actividade gratuíta
Antes-de-Nós
17 Jul 2026

O Concello de Lugo continúa coa programación do cine de verán e celebrará este sábado 18 de xullo, ás 22:30 horas, unha nova sesión na parroquia de Benade, coa proxección da película Antes de nós.

A iniciativa está aberta non só á veciñanza de Benade, senón tamén aos residentes doutras parroquias próximas e da propia cidade que desexen achegarse para gozar desta proposta cultural ao aire libre.

O filme, centrado na figura de Castelao, está protagonizado polo actor e cantante lucense Xoán Fórneas, e permitirá aos asistentes coñecer diferentes etapas da vida dunha das figuras máis relevantes da historia e da cultura galega.

A entrada será gratuíta, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e achegar a programación cinematográfica tamén ao rural do municipio.

0.13186192512512