Benade, en Lugo, comeza este venres as súas festas
LugoXa
A parroquia celebra as súas patronais un ano máis no mes de outubro
18 Oct 2024
A parroquia de Santo Estevo de Benade, en Lugo, celebra esta fin de semana as súas festas que teñen lugar un ano máis no mes de outubro. O programa arranca comezando cunha churrascada veciñal dende as 22.00 horas e unha verbena da man do dúo Plan B. A celebración continúa o sábado 19 con misa solemne dende as 13.00 horas e sesión vermú con D´Nika que estará acompañada de Los Satélites durante a verbena. O domingo 20 despiden as súas patronais con misa solemne dende as 13.00 oras e vermú co dúo Eclipse.