Benade, en Lugo, presenta o programa das súas festas
LugoXa
A parroquia celebra as súas patronais un ano máis no mes de outubro
29 sep 2024
A parroquia de Santo Estevo de Benade, en Lugo, presenta o programa das súas festas que celebran un ano máis no mes de outubro. A cita terá lugar os días 18, 19 e 20 comezando cunha churrascad veciñal dende as 22.00 horas e unha verbena da man do dúo Plan B. A celebración continúa o sábado 19 con misa solemne dende as 13.00 horas e sesión vermú con D´Nika que estará acompañada de Los Satélites durante a verbena. O domingo 20 despiden as súas patronais con misa solemne dende as 13.00 oras e vermú co dúo Eclipse.