Benade inicia un curso de tear organizado pola Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, participou coa veciñanza de Benade na xornada inaugural do novo curso de tear organizado pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.
As persoas asistentes terán a oportunidade de aprender a confeccionar pezas nun tear, recibindo unha visión xeral do taller e unha introdución nos procedementos básicos do tecido.
"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".