Benigno Gómez deixa a Alcaldía de Cervantes tras 19 anos á fronte do Concello

GaliciaXa | LugoXa
O primeiro tenente de alcalde, Miguel González, asumirá as funcións de alcalde ata a celebración do próximo pleno municipal
pleno-Concello-de-Cervantes-renuncia-alcalde
13 Nov 2026

Benigno Gómez fixo efectiva este xoves, 12 de novembro a súa renuncia como alcalde de Cervantes durante o pleno extraordinario celebrado no Concello, poñendo fin a unha etapa de 19 anos á fronte da Alcaldía. O primeiro tenente de alcalde, Miguel González, asumirá as funcións de rexedor en funcións ata a celebración do próximo pleno.

Desde o Concello trasladaron o seu agradecemento e recoñecemento ao labor desenvolvido por Gómez durante case dúas décadas, destacando a súa dedicación, compromiso e o tempo e esforzo que lle dedicou ao municipio e á súa veciñanza.

Durante a súa intervención, o xa exalcalde sinalou que deixa a primeira liña da política municipal, pero que continuará na segunda, polo que seguirá vinculado ao Concello e colaborando coa súa experiencia. A renuncia abre así unha nova etapa en Cervantes, que afronta o reto de continuar traballando polo futuro do municipio.

0.14303112030029