Continúa a segunda sesión do ciclo Mestre Mateo na Fonsagrada

LugoXa
A asociación Abordelar en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a cita
ciclo-mestre-mateo-a-fonsagrada
23 Out 2024

A asociación Abordelar en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a segunda sesión do ciclo Mestre Mateo na Fonsagrada, o que se proxectaran dous títulos. Para o sábado, 26 de outubro, ás 20 horas proxectarase a película Salta! Viaxar no tempo, nun tempo de nenos. Unha longametraxe dirixida e escrita por Olga Osorio. Conta a historia de Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio.

Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da
relatividade. En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme. E para o domingo 27 de outubro, ás 17 horas, proxectan o documental Chichi e máis eu de Nico Campos. Percorre a vida e a obra de Xesús “Chichi” Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. Trátase dunha das figuras máis esquecidas da cultura galega e que, cando morreu, deixou a un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas, que trinta anos despois, responde neste documental. O lugar de proxección será o Salón de Actos Municipal dos Chaos da Fonsagrada.

0.20080590248108