Cándido Pazó será un neno labrego este sábado en Outeiro

LugoXa
O auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado o monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas.
pazo memorias neno labrego portada
7 Apr 2021

O auditorio da Casa-Museo Manuel María, dentro da súa programación cultural, acolle este sábado, 10 de abril, ás 19 hrs, o monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego. Un libro sobranceiro na literatura galega, que é o máis editado e traducido, e publicado por primeira vez hai sesenta anos pola editorial Follas Novas, de Bos Aires.

Espectáculo teatral emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral definen esta peza de gran atractivo visual, combinando cunha elaborada iluminación que debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Espectáculo en que cada momento e situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

Os billetes para presenciar esta representación teñen un prezo de 5 euros, e é imprescindíbel reservar previamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

candido pazo memorias neno labrego

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14927697181702