Cántigas e Frores celebrará a gala do Premio á Cultura Tradicional 2026 dedicada ao Museo do Pobo Galego

LugoXa
O acto terá lugar no Auditorio Fuxan os Ventos e conmemorará o 50 aniversario da institución cultural
Cántigas-na-rúa-Cántigas-e-Frores
25 Feb 2026

A asociación cultural Cántigas e Frores volverá organizar un ano máis a Gala Entrega do Premio Cántigas e Frores á Cultura Tradicional 2026, un evento xa consolidado no calendario cultural da cidade de Lugo que se desenvolverá no Auditorio Fuxan os Ventos.

Nesta edición, a celebración estará centrada no Museo do Pobo Galego, coincidindo coa conmemoración do seu 50 aniversario. A entidade, considerada unha peza clave na conservación, estudo e difusión do patrimonio cultural galego, será a protagonista dunha gala que pretende recoñecer a súa traxectoria e achega á cultura tradicional do país.

O presidente da asociación, Anxo, avanzou que esta convocatoria contará cun formato distinto ao habitual. Segundo sinalou, “vai ser un evento diferente do que adoitamos facer normalmente”, deixando entrever novidades na estrutura e no desenvolvemento do acto respecto ás edicións anteriores.

0.11923503875732