Cántigas e Frores celebrará os días 8 e 9 de maio unha nova edición da Feira do 48

LugoXa
A cita reunirá música tradicional, baile, artesanía e actividades culturais para poñer en valor o patrimonio inmaterial galego
feira-do-48-cantigas-e-frotes
26 Apr 2026

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organizará un ano máis a Feira do 48, unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que se celebrará os días 8 e 9 de maio de 2026 con dúas xornadas dedicadas á música, ao baile, á artesanía e ás tradicións populares.

O evento volverá reunir ás escolas da entidade, aos grupos oficiais, artesáns e agrupacións convidadas nun programa pensado para converterse nun punto de encontro arredor da cultura tradicional galega.

A feira ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio inmaterial de Galicia a través das diferentes actividades protagonizadas polas escolas e polos colectivos vinculados á asociación, que conta cunha ampla traxectoria no labor de recuperación, conservación e difusión das tradicións populares.

Durante as dúas xornadas haberá propostas centradas na música tradicional, concertos, exhibicións de baile e espazos dedicados á artesanía, combinando participación e divulgación cultural.

Desde a organización avanzaron que nos próximos días irán dando a coñecer novos detalles sobre a programación prevista para esta edición.

0.14021110534668