Castroverde acolle en xullo e agosto un campamento de verán

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza un campamento de verán todo o mes de xullo e agosto dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.
campamento verano castroverde
17 May 2021

O Concello de Castroverde organiza un campamento de verán todo o mes de xullo e agosto dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos. As instalacións onde se levarán a cabo as actividades serán no pavillón polideportivo de Castroverde e na área recreativa da Veiga do Olmo, entre outras. O horario será de luns a venres de 8:00 a 14:00, sendo de 8:00 a 10:30 horas a entrada dos nenos e nenas no pavillón e o horario de saída entre as 13:30 e as 14:00 horas no mesmo sitio (a non ser que os monitores indiquen un lugar distinto).

As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello de Castroverde de 9:00 a 14:00 horas. Deberán aportar tamén unha foto do neno/a no momento de rexistrar a solicitude.

Admitiranse como máximo 50 nenos/as por quincena. A admisión realizarase por orde de entrada de solicitudes no rexistro do Concello rematando o prazo de entrega de solicitudes o 31 de maio. Unha vez que finalice o prazo de inscrición o Concello poñerase en contacto coas familias dos nenos/as inscritos/as para indicarlles se foron aceptados ou non no campamento. No caso de que foran aceptados requiriráselles que realicen o pago correspondente dentro do período de tempo que se lles indicará.

O custo por cada neno/a será de 120 €/mes. Os nenos/as que leven empadroados no municipio de Castroverde como mínimo 3 meses antes do inicio do prazo de inscrición terán unha subvención do concello do 50 % polo que neste caso a inscrición por cada neno custaría 60 €/mes. Pagarase a metade do que corresponda se só se inscribe durante unha quincena.

Para máis información podese contactar co Concello no número de teléfono 982 31 20 80 ou visitar a súa páxina web.

cartel campamento castroverde
0.18204998970032