Castroverde acolle este sábado a representación teatral 'Estremonías da Silva', de LÎLÂ Teatro

LugoXa
A función será ás 19:00 horas no Centro Cultural Paco Pestana e está dirixida a todos os públicos
Estremonias-da-Silva
26 Nov 2026

O Centro Cultural Paco Pestana de Castroverde acollerá este sábado, 28 de novembro, ás 19:00 horas, a representación de 'Estremonías da Silva', unha proposta da compañía LÎLÂ Teatro dirixida a todos os públicos.

A obra toma como punto de partida a silveira, un arbusto espiñento que ocupa terreos abandonados e crea valados naturais nos que se desenvolve un hábitat singular. A pesar da aversión que pode provocar a planta, esta ofrece uns froitos tan exuberantes como deliciosos: as amoras.

A protagonista das historias é Lines de Silva, unha veciña da aldea de Sobrado cunha especial habilidade para inventar relatos, que lle valeu o alcume de 'Curuxa dos inxenios', en homenaxe a Lope de Vega, creador de silvas. A representación recupera sucesos estrafalarios acontecidos en Sobrado que quedaron agochados entre as silveiras á espera de seren contados.

0.16268801689148