Castroverde acolle o espectáculo 2Pilgrims

LugoXa
Redrum Teatro estará en Castroverde o 31 de xullo co seu espectáculo 2Pilgrims, unha actuación que estará de xira por diferentes Concellos.
18 Xul 2021

Redrum Teatro estará en Castroverde o vindeiro 31 de xullo co seu espectáculo 2Pilgrims, unha actuación novidosa que ten como propósito chegar a Santiago, pero tamén reflexionar sobre o Camiño, a igualdade e as novas masculinidades.

A obra está dirixida por Álex Sampayo e protagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo sobre dramaturxia de Fernando Elpede.

Así pois, o espectáculo preséntase como unha comedia transdisciplinar, que "vai moito máis alá da materia xacobea" e que tira tanto da linguaxe teatral coma da audiovisual e das redes sociais co obxectivo declarado de achegarlle a través do humor ao público adolescente unha fonda reflexión sobre cuestións coma as novas masculinidades, a violencia de xénero, os conflitos de poder e mesmo a parte "traseira" do glamour audiovisual.

Esta obra chegará a Castroverde o día 31 para facer que os espectadores pasen un bo anaco, así coma que reflexionen sobre certos temas que están no día a día.

0.10935997962952