Castroverde nomea ao Fillo Adoptivo, Predilecto e cronista oficial o día 11

LugoXa
O Concello de Castroverde organizará un acto de nomeamento de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto e cronista oficial o 11 de setembro
cartel fillo predilecto castroverde
31 Ago 2021

O Concello de Castroverde organizará un acto de nomeamento de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto e cronista oficial o 11 de setembro na praza do Concello. Este acto estará amenizado polo grupo musical Zucurrundullo.

Estas distincións non se puideron outorgar pois o acto previsto para xuño foi cancelado provisionalmente debido á imposibilidade de poder estar presente ese día un dos distinguidos.

Así, o nomeamento honorífico de Fillo Adoptivo de Castroverde recae en Manuel varela Gorgoso, párroco de Vilabade e outras parroquias, presidente da Asociación Cultural Espalladoira e persoa consagrada á promoción de numerosas actividades culturais e labores sociais en diferentes ámbitos da vida do Concello, así como na conservación e promoción do santuario da Nosa Señora de Vilabade (BIC) e do seu conxunto  monumental.

O Fillo Predilecto será o escultor Paco Pestana, artista plástico e poeta de acreditado pres-ixio internacional, embaixador de Castroverde nos máis diversos foros artísticos e culturais, prestixiando así a a imaxe e as raíces fundamentais da súa ampla e meritoria obra evocadora das súas vivencias rurais mediante as máis innovadoras técnicas e enfoques.

Tamén distinguen co nomeamento honorífico de Cronista oficial de Castroverde a Ricardo Polín, doutor en Filoloxía e historiador, ademais de
autor de relevantes estudos e investigacións centradas na recuperación e posta ao día do pasado común e proxección pública, contribuíndo co
seu labor intelectual e compromiso cultural a potenciar o imaxinario colectivo e q que Castroverde se integrase no Patrimonio Mundial con que a Unesco recoñece ao Camiño Primitivo.

cartel fillo predilecto castroverde
0.2180290222168