Castroverde organiza un magosto popular en novembro

O Concello de Castroverde organiza para o sábado 13 de novembro un magosto popular. Este acto dará comezo ás 20.00 horas na praza do Concello e contará espectáculos.
Ademais de desfrutar deste típico manxar de outono, poderase gozar n apartado musical co grupo Zuncurrundullo, que levarán á vila de Castroverde o seu espectáculo O Conxuro das meigas.
Máis tarde seguirá a música, malia nesta ocasión haberá unha amenización a cargo da Banda de gaitas.