Castroverde quere revitalizar a súa asociación de xubiliados
LugoXa
O Concello de Castroverde quere retomar a actividade e o funcionamento da Asociación de Xubilados e Pensionistas do municipio
2 sep 2024
O Concello de Castroverde quere retomar a actividade e o funcionamento da Asociación de Xubilados e Pensionistas do municipio. Por iso, dende o Goberno municipal organizan o vindeiro venres 20, ás 12.30 horas no centro sociocultural Paco Pestana, unha reunión informativa para a veciñanza.
Nesta xuntanza, contarán coa presenza do anterior presidente do colectivo, José Antonio Reixa de Barredo, e tamén co párroco de Castroverde, don Nicolás. Ambos ofrecéronse a participar para darlle vida ao grupo. Deste xeito, dende o Concello animan a toda a veciñanza a participar nesta xornada.