Castroverde rehabilitará o antigo lavadoiro de Souto de Torres cun investimento de preto de 30.000 euros

LugoXa
O proxecto permitirá recuperar este espazo tradicional situado a pé do Camiño Primitivo para poñelo en valor entre veciñanza e peregrinos
antigo-lavadoiro-de-Souto-de-Torres-Castroverde
30 May 2026

O Concello de Castroverde acometerá proximamente as obras de rehabilitación do antigo lavadoiro de Souto de Torres cun investimento integramente municipal de 29.972,18 euros. A actuación permitirá recuperar un dos elementos tradicionais da parroquia e contribuír á posta en valor do patrimonio local.

O vello lavadoiro, situado a pé do Camiño Primitivo, lucirá así unha nova imaxe tras a intervención prevista polo goberno local. O proxecto busca conservar este espazo de carácter histórico e mellorar o seu estado para favorecer o desfrute tanto da veciñanza como dos peregrinos e visitantes que percorren esta ruta xacobea.

Desde o Concello destacan que a recuperación deste tipo de infraestruturas tradicionais contribúe á protección do patrimonio etnográfico e á mellora da contorna do municipio, especialmente nun enclave vinculado ao paso do Camiño de Santiago.

0.12361907958984