Cervantes destina 12.768 euros a mellorar os camiños de Soutelo

O Concello de Cervantes executou obras de acondicionamento nos camiños de Soutelo cun investimento de 12.768 euros, financiados a través do Plan Deputación de Lugo.
A intervención forma parte das actuacións municipais destinadas a mellorar a rede viaria local e favorecer a mobilidade da veciñanza, especialmente nas zonas rurais.
O Goberno local mantén así os traballos para atender as necesidades das aldeas e avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos municipais.