Cervantes obtén dúas axudas da Xunta para adquirir un vehículo 4x4 e mellorar varios accesos no municipio

O Concello de Cervantes recibiu a resolución favorable da Xunta de Galicia para a concesión de dúas novas axudas solicitadas durante o primeiro trimestre de 2026.
Grazas a este financiamento, a administración local poderá adquirir un vehículo 4x4 e executar diferentes actuacións de mellora en varios accesos do municipio.
En concreto, as obras permitirán acondicionar o acceso á igrexa de Dorna e a Estremar, o acceso a San Rebordín desde Aucella e o acceso aos Picos desde Dumia.
Desde o Concello destacan que estas actuacións son posibles grazas ao traballo previo de preparación dos proxectos, á presentación das solicitudes nas diferentes convocatorias públicas e ao cumprimento dos requisitos esixidos para acceder a estas liñas de financiamento.
O Goberno municipal subliña que continuará traballando para aproveitar todas as oportunidades de investimento que permitan captar novos recursos e seguir mellorando as infraestruturas e os servizos do municipio.